DIA 8: GOIAN-A GUARDA-VIGO, 90 kms

Dende Goian a A Guarda hai 30 kms +ou-.
Goian conta cun embarcadoiro-área recreativa no que ata fai pouco funcionaba un catamarán para cruzar a Portugal, ata que fixeron unha nova ponte sobre o Miño e o negocio rematou.


A partir deste punto empeza unha ruta de senderismo sinalizada que nos conduce prácticamente ata o camping de Santa Tecla, xa era hora tamén de atopar un camiño atractivo...



O monte de Santa Trega é visita obligada. Dende alá arriba as vistas da desembocadura son espectaculares. De todas formas decidimos non subir e ir directamente ata a praia do Muiño, verdadeiro punto e final do noso compañeiro inseparable da viaxe...
Unha das razóns de gardar forzas e sacrificar a foto obligada do mirador de Santa Trega, foi que de postre decidimos tirar para Vigo en bici, e ademáis tendo en conta que, en forma de despedida inoportuna, este día atacounos media gastrointeritis compartida que nos deixou mallados, creo que foi fruto da cena do día anterior, ou se cadra da resaca de toda a viaxe ¿? I don´t know, fifty fifty dijo eu....
Total, que chegamos reventadiños reventadiños...
Bueno, pois ata aquí chegamos, THIS IS THE END, my friend....
Oxalá este blog sirva de guía orientativa a calquera que se anime a "inventar" este recorrido, porque máis que recorrelo hai que ir improvisándoo sobre a marcha.
Se esto fora Suiza, como me conta IvánBrea, todo estaría esaxeradamente indicado e detallado mediante continuos carteis informativos, con curvas de nivel, kms, dureza, tempo de recorrido etc etc.. pero esto é outra historia, de ahí tamén o seu encanto, dijo eu, ou non, ou sí, o que se yo....
SAÚDOS


DIA 7: ARBO - GOIAN, 55 kms

Chegados a este punto quería facer unha pequena reivindicación pública: sería de agradecer que os concellos da provincia de Pontevedra implicados amosasen un pouco máis de interese por este recorrido, ou cando menos que aproveitasen o reclamo turístico que o río ofrece nesta recta final, caudalosa e divisoria de países e fomentasen un pouco máis o senderismo o seu carón...
É unha verdadeira mágoa comprobar o pouco atractivo que ten esta ruta por aquí, non queda outra que chupar asfalto.


Dito isto, non nos quedou máis remedio que continuar por carretera ata Salvaterra. Este concello conta cun pequeno tramo de bici a carón do Miño, pero non merece a pena pola súa brevedade, oxalá teña continuidade algún día.
Así pois, decidimos cruzar outra vez ó país veciño e comprobar que eles SÍ teñen unha fermosa senda verde entre Monçao e Valença do Miño; a única pega son as proteccións de madeira transversais nos cruces para que non se metan vehículos a motor, que tamén é triste ter que chegar a esta medida, mandajüevos...



Xantamos en Valença (por suposto, bacallau) e botamos siestiña na fortaleza con vistas ó río.

Regresamos a GZ pola ponte vella de Tui e continuamos dirección Tomiño, facendo noite en Goian.

O final da aventura estaba cerquiña....

DÍA 6: OURENSE - ARBO, 90 kms

Levabamos un par de días de relax e estabamos descansadiños, asique hoxe tocaba etapa reina deste tour.... vixiándonos a dolor por aquelo das escapadas e ataques sorpresa...
Ourense conta cun paseo por toda a marxe do río que se prolonga ata unhas pozas termais (creo que eran a Chabasqueira). Aquí cruzamos ponte e continuamos por unha senda pola marxe dereita dirección Ribadavia, ainda que ata esta localidade tivemos que utilizar a nacional.
Por Ribadavia tamén utilizamos un pequeno paseo fluvial que chega pouco máis alá da desembocadura do río que da nome a esta localidade: o Avia

A partir de aquí toca carretera pura y dura pola marxe dereita ata o embalse de Frieira, donde cruzamos río para buscar a fronteira con Portugal por Notaria.




Decidimos pasar a raia para facer visita a Melgaço, por aquelo de que o Celtiña facía alí a pretemporada... cousas de Tiza! Ata case quedamos a ver un partido e todo...
Por certo, hay unhas piscinas ó lado do río karalludas karalludas...


Volvemos a Spain pola ponte que cruza a Arbo. Intentamos localizar un albergue para dormir, concretamente albergue O Coto. Despois de dar unhas cantas voltas atopámolo, está ó lado dunhas pozas chulas, pero estaba pechado ¿? Jode bastante esto, porque levabamos xa bastantes kms nas pernas e xa te fas a idea de tirarte a descansar, e neste punto andar dando voltas é unha gran putada, xa non tiñamos humor nin para sacar fotos.
Ó final tocou hotel, creo que o único que hay por alí, bastante ben.
Por certo, nesta zona tómase Condado... que non está tampouco nada malo...








DÍA 5: S. ESTEVO-OURENSE, 45 kms

Outra xornada trankiliña, de poucos kms...
Saímos de San Estevo por unha carretera pegada o río Sil que nos conduce ata Os Peares, lugar donde o refrán "el Sil lleva el agua, el Miño la fama" faise realidade....

Dende os Peares ata Ourense circula a N-120 pegada ó río, aínda que nós utilizamos a segunda opción: a antiga N-120 que vai por arriba, pasando polas aldeas, menos tráfico, menos ruído, menos perigo....
De todas formas creo que era mellor opción ir pola marxe dereita do río. Ainda que o traxecto seguro que é máis longo pareceunos máis chulo, de vez en cando avistabamos eses tan preciados camiños de terra á beiriña do río... en fin, outra vez será!
Xa en Ourense, enganchamos un paseo que se prolonga varios kms polo Miño adiante.
A xornada da tarde dedícamola a facer turismo e quedar con algún amiguete pa tomar uns viños.
A zona de viños é chula, pero as tapas brillaban pola súa ausencia se non as pagas... Moito mellor Lugo, of course...
Seguro que o licor café que tanto insistía Tito estaba boísimo, pero machiño, que o día seguinte había que pedalear karallo....










DIA 4: PRAIA A COVA-SAN ESTEVO DE SIL, 40 kms

Bueno, pois como de tempo íbamos moi ben, esta xornada decidimos facer unha variación moito recomendable e facer unha pequena excursión...
Saímos da fermosa praia de A Cova por unha costa arriba empinada como un demonio, e encima sen almorzar, e tomamos dirección Ferreira de Pantón.
Unha vez nesta localidade, tomamos dirección hacia San Estevo de Ribas de Sil. A baixada a esta localidade é das que baten records de velocidade....

A tarde dedicámola básicamente a relaxarnos e disfrutar deste fermoso enclave paisaxístico. Fomos ata o embarcadoiro de San Estevo, a uns 5 ou 6 km por unha carretera desfeita polas obras que están a realizar na central eléctrica, pillamos billete e fixemos un paseo en catamarán polos cañóns do Sil.A verdade é que San Estevo é moi chulo, pero de sevicios anda máis ben escaso. O noso único punto de avitullamiento foi Parrillada Manolo, no apeadeiro de renfe. Asique desta volta tamén tocou pasar a noite en hotel de mil estrellas..., total aquí non para case ningún tren asique para algo ten que servir a estación...




























































DÍA 3: PORTOMARÍN-PRAIA A COVA, 75 kms

Bueno, esta etapa é puramente galega: ROMPEPERNAS...
Saímos pola marxe dereita dende Portomarín, todo por pistas asfaltadas que comunican aldeas illadas. Tráfico cero, toda a carretera para nós...

Cruzamos río por S. Xulián de Insua, conta con bar no club náutico ideal para repoñer forzas...

A partir de aquí tivemos que separarnos bastante do río, non había mellor opción que ir ata Currelos e seguir baixando cara ó embalse de Belesar:


Continuamos descendendo pola marxe dereita por camiños de terra ata a primeira ponte que atopamos para cruza-lo río. A partir de aquí sempre pola marxe esquerda a carón do río ata a praia fluvial de A Cova, nalgún punto entre as montañas de Chantada e O Saviñao...



¿Qué donde sobamos..? velaquí a resposta:





















































DÍA 2: LUGO-PORTOMARIN, 47 kms

A primeira sorpresa do día foi atopar as bicis pinchadas, as catro rodas. Se conoce que a algún veciño do edificio lle sentou mal que deixaramos as bicis no portal da pensión Buenos Aires. Está cerca da estación de autobuses, avisados quedades.
A cidade de Lugo conta con un paseo pola veira do Miño que chega ata desembocadura do río Neira, sólo interrumpido un par de km pola construcción dunha macro-depuradora.

A anécdota da xornada foi ben agradable: hora de xantar, ganas de comer, km de bici enriba sin ver sinais de civilización.... e de repente todo un oasis: pedazo casa de turismo rural ( A Fervenza, concello de O Corgo), pedazo de entrecot regado cun mencía rico rico.... Para repetir, sen dúbida!!

Despois dunha siesta-reposo da comilona pegadiños ó río, continuamos dirección Portomarín metade por sendeiros metade por carreteriñas de aldea. Aproveitamos o precio económico dun albergue privado de peregrinos para dormir, lembrando o divertido que é ver os pringadillos dos guiris cómo arrancan as 5:oo da mañá ca mochila ó lombo.... en fin, pobriños. O cabreo de espertar a todo quisque vouno pasar por alto...





















































DÍA 1: FONMIÑÁ-LUGO, 85 kms

Ante todo dicir que o río Miño nace na Serra de Meira, e tras uns poucos kms apoza nesta localidade do concello de A Pastoriza. O feito de comenzar en Fonmiñá é que non nos apetecía subir ata alá arriba, ademáis de aperitivo xa fixemos 15 km dende Bretoña, donde pernoctamos na casa dos meus papis....




















Nada máis sair, ainda pola área recreativa do nacemento do Miño, recordei que a conxunción de ponte de madeira + chuvia equivale a moito sentidiño ou ir ó chán:
Afortunadamente foi a única caída en toda a semana, e sen consecuencias significativas.














Esta primeira xornada discorre por carreteras secundarias da Terra Chá. Pistas asfaltadas con moi pouco tránsito, ideales para a bici.



A destacar a praia fluvial de Baltar e sobre todo a desembocadura do río Ladra en Otero de Rei, nunha área recreativa moi chula con bar incluído, ideal para unha cerveciña.
Seguimos ata Lugo pola marxe esquerda, donde empeza un sendeiro de longo recorrido.
Fixemos noite en Lugo logo de lembrar as boas tapas que dan pola zona dos viños...

INTRO

Hola, esto é ou intenta ser unha folla de ruta dunha viaxe en bici.

  • Itinerairo: todo o traxecto do río Miño dende o seu nacemento ata a súa desembocadura
  • O por qué desta viaxe: porque unha semana de aventurilla en bici mola, porque nacín ó lado de donde o río tamén nace e vivo ó lado de donde morre, por elexir un recorrido non saturado (o dichoso camiño de Stgo xa apesta), por recordarlle a un colega emigrado en Madrid que como Galisia non hai nada, ou simplemt porque o río está cheo de viñedos... jeje
  • Kilómetros totais: aínda que o Miño recorre uns 320 kms, o feito de non ir pola auga obligounos a facer uns 530 máis ou menos...
  • Táctica: bueno, pois como nin temos nin entendemos de GPS e cousas raras, ataviámonos cun bó feixe de mapas escala 1:50000 e buscámonos a vida. Cousa importante é falar e preguntarlles ós paisanos da zona (recomendable o curso básico de "como vencer a retranca e desconfianza dos galegos"...)
  • Obxetivo: ir o máis pegados ó río posible, tendo cuidado de non caer que o Tizarrín non se leva ben con eso de nadar...
  • Protagonistas: Basi, o que escribe, e Tiza, coñecido no resto do mundo como Héctor