DIA 7: ARBO - GOIAN, 55 kms

Chegados a este punto quería facer unha pequena reivindicación pública: sería de agradecer que os concellos da provincia de Pontevedra implicados amosasen un pouco máis de interese por este recorrido, ou cando menos que aproveitasen o reclamo turístico que o río ofrece nesta recta final, caudalosa e divisoria de países e fomentasen un pouco máis o senderismo o seu carón...
É unha verdadeira mágoa comprobar o pouco atractivo que ten esta ruta por aquí, non queda outra que chupar asfalto.


Dito isto, non nos quedou máis remedio que continuar por carretera ata Salvaterra. Este concello conta cun pequeno tramo de bici a carón do Miño, pero non merece a pena pola súa brevedade, oxalá teña continuidade algún día.
Así pois, decidimos cruzar outra vez ó país veciño e comprobar que eles SÍ teñen unha fermosa senda verde entre Monçao e Valença do Miño; a única pega son as proteccións de madeira transversais nos cruces para que non se metan vehículos a motor, que tamén é triste ter que chegar a esta medida, mandajüevos...



Xantamos en Valença (por suposto, bacallau) e botamos siestiña na fortaleza con vistas ó río.

Regresamos a GZ pola ponte vella de Tui e continuamos dirección Tomiño, facendo noite en Goian.

O final da aventura estaba cerquiña....

No hay comentarios:

Publicar un comentario